loading.
América Latina Portal Europeo
REDIAL Red Europea de Información y Documentación sobre América Latina
CEISAL Consejo Europeo de Investigaciones Sociales de América Latina

II Simposio Internacional CIPPCE: Cultura y Crisis

Congreso o simposio | (España - Universidad de Santiago de Compostela, Salón de Grados de la Facultad de Ciencias Políticas y Socila)
25 y 26 de octubre de 2012
II Simposio Internacional CIPPCE: Cultura y Crisis

Tras a celebración do Seminario Cultura e migración, en outubro do ano 2011, os grupos de investigación que integran o Centro de Investigación en Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes queren impulsar un espazo de reflexión sobre as relacións entre a cultura e a crise. Atópanse a cultura e a crise nunha relación excluínte ou, pola contra, a natureza do seu vínculo é máis ben de carácter inclusivo? Pode a crise da cultura devir nunha cultura da crise? Que valores somos quen de recoñecer nas novas formas culturais que xurdiron como resultado da actual situación económica global? Están a retornar as prácticas artísticas comprometidas? Cal foi a relación entre cultura e crise noutros períodos históricos? En que sentido a actual conxuntura económica mudou o escenario das políticas culturais contemporáneas? Estas son unicamente algunhas das preguntas que nos propoñemos tomar como punto de partida neste simposio internacional e interdisciplinar.

Inscrición: do 1 ao 15 de outubro de 2012
Libre e gratuíta para o alumnado e para o persoal da Universidade. Os interesados en efectuar a inscrición deberán enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico marco.paone@usc.es. Satisfeita unha asistencia mínima do 75% recibirase no acto de clausura un diploma acreditativo. Non se tramitarán inscricións posteriores ao 15 de outubro.

Ceisal Redial © REDIAL & CEISAL. Responsabilidad editorial: Luis Rodríguez Yunta - CSIC. (Madrid. España),
Isabel Real - CSIC-EEHA (Sevilla, España) & Miguel Carrera - Ceisal (Salamanca, España).
Desarrollo web: Olivier Bertoncello Data Consulting    Alojamiento web: CCIN2P3
CCHS Redial tiene sede en